O Concello de Boiro celebra o Entroido 2022 con festas infantís, concurso de disfraces e un tren para os enterros

22 Febreiro 2022

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro organiza un programa de actividades para todos os públicos para festexar o Entroido 2022. O programa inclúe o tradicional concurso de carrozas e disfraces e tamén actividades para os nenos e nenas.

As actividades do programa de Entroido comezan este venres día 25 de febreiro cunha festa infantil e familiar de disfraces, que será ás 17.00 horas na praza de Galicia. O domingo día 27 celébrase o desfile infantil de disfraces que sairá ás 17.00 horas da praza da Mancomunidade e sesión DJ e animación na praza de Galicia.

O día 1 de marzo, martes de Entroido, celébrase o tradicional concurso de disfraces e carrozas. A saída será ás 18.00 horas da praza de Galicia e vai percorrer as rúas do casco urbano. As inscricións para o concurso están xa abertas e as bases e toda a información na web municipal, www.boiro.gal.

A programación de entroido continúa o domingo día 6 de marzo co Tren dos Enterros. O Concello de Boiro habilita un tren para percorrer os catro enterros que ese día se celebran no municipio. Comeza ás 12.00h en Cabo de Cruz para facer un percorrido para o enterro do Farruco; ás 13.30h chegará a Praia Xardín para o enterro da Cunca; ás 16.00h irá a Abanqueiro para o Enterro do Óso; e ás 17.30h irá Escarabote para o Enterro do Felipiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.