O BNG organiza en Noia unha xornada sobre reciclaxe e sobre os porqués do seu apoio ao modelo da planta de Lousame

09 Febreiro 2022

Este sábado 12 de febreiro ás 17 horas está prevista unha xornada en Noia sobre reciclaxe no edificio administrativo do Espírito Santo, tamén coñecido como Antigo Matadoiro. A cita informativa vén da man do BNG. Abordarase o futuro e a importancia da reciclaxe e porase o foco nas diferenzas entre o modelo de SOGAMA (polo que aposta a Xunta) e o modelo da planta de Servia (Lousame), que é o que defende o BNG e o que representa o Complexo Ambiental Serra do Barbanza (dependente da mancomunidade de concellos formada por Noia, Muros, Porto do Son, Brión, Carnota e Lousame, aos que dá servizo, ao igual que aos municipios veciños de Ames, Rois e Pontecesures).

O BNG fará fincapé nas reivindicacións do comité de empresa da planta de Servia, que segundo fai saber agrupación nacionalista, “vén de mostrar a súa preocupación en diferentes manifestacións e accións reivindicativas ao ver os seus postos de traballo ameazados diante do vencemento da licitación do servizo á empresa FCC no vindeiro 2023 e da falta de apoio por parte da Xunta para continuar co seu modelo de cara ao futuro”.

No acto intervirán Manuel Soto, catedrático de Enxeñaría química na Universidade da Coruña e membro de ADEGA; César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra e impulsor do Proxecto Revitaliza como modelo de compostaxe caseira e comunitaria; e María Lago, concelleira do BNG en Muros e representante do BNG na Xunta Reitora da Mancomunidade Serra do Barbanza.

Despois das palabras das persoas relatoras celebrarase un debate aberto sobre a reciclaxe do que tamén participarán a deputada do BNG en Muros e Noia, Rosana Pérez, e o deputado de Ambiente do BNG, Luís Bará, así como os representantes do BNG nos concellos do ente administrativo.

Carta ao presidente da Mancomunidade

Esta semana o BNG tamén vén de anunciar o envío dunha carta ao presidente da Mancomunidade Serra do Barbanza e alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido. Na misiva os nacionalistas piden ao presidente que convoque unha asemblea xeral coa finalidade de chegar a un acordo, para a petición formal á Deputación da súa colaboración na elaboración dunha auditoría e da redacción duns novos pregos de condicións, xa que “son pasos previos que se determinaran para poder mellorar o servizo e avaliar a viabilidade da planta de Servia”, explica o BNG, engadindo que “somos coñecedores de que o goberno da Deputación está disposto a prestar esta axuda, pero que precisa que se solicite formalmente, polo tanto, solicitamos que se poña data para a celebración dunha asemblea”.

Manifestación en Noia a prol da continuidade da actividade da planta de Lousame

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.