O BNG informou en Boiro en Ribeira sobre a reforma laboral e os seus motivos para opoñerse a ela

05 Febreiro 2022

O BNG da Barbanza estivo estes días nas diferentes localidades da comarca realizando uns repartos informativos sobre a reforma laboral e sobre os cambios que serán de aplicación con este novo regulamento. Nas informacións os nacionalistas expuxeron as razóns que os moveron a opoñerse a ela.

Reparto informativo en Ribeira

O responsábel do BNG na Barbanza, Luís Pérez Barral, lamentou a oportunidade perdida para derrogar a reforma laboral de 2012 pero avanzou que o BNG “non se rende” no seu obxectivo de “recuperar os dereitos laborais roubados coa norma do PP e avanza que a organización nacionalista impulsará unha proposición de lei no Congreso con ese obxectivo”.

E engadiu: “O BNG non vai tirar a toalla e Bloque está falando con outras forzas políticas que querían a derrogación íntegra da reforma do PP para presentar un proxecto de lei que avance nesa dirección, que permita recuperar os 45 días de indemnización por despido, os salarios de tramitación ou a autorización administrativa dos EREs e, en definitiva, cumprir co prometido poñendo fin a reforma do PP”.

Pérez Barral criticou que o Goberno de PSOE-Podemos “incumpriu coa palabra de derrogar a reforma laboral do PP que tantos dereitos laborais lle usurpou á clase traballadora; hoxe é igual de barato e de fácil despedir a un traballador ou a unha traballadora que cando gobernaba o PP, é así de grave e de triste, e ante unha reforma de tal envergadura furtar ao Congreso, onde reside a soberanía popular, de mellorar a proposta é un erro sobre o que o Goberno debe reflexionar”, argumentou.

Desde o BNG aclaran que “van ter sempre a man tendida pero para que se cumpran os compromisos, que non foi o que aconteceu”, alegou.

Reparto en Boiro

Pérez Barral destacou a importancia “de que as forzas progresistas lle demostren á cidadanía que teñen un programa transformador que vai deixar atrás as políticas do PP”. Ao seu xuízo, hai unha pregunta que non para de repartirse na sociedade española: “Como é que habendo unha maioría que permitiría que non sexa tan barato despedir, recuperar a autorización administrativa dos EREs ou mellorar as condicións laborais a través de convenios galegos, PSOE e Podemos rexeitaron esa posibilidade?”

“A cidadanía votou a favor dun cambio e non estamos no momento de baixar o listón senón de subilo, porque hai miles de galegos e galegas en precariedade aos que hoxe é igual de barato despedir e o BNG non descansará ata que se melloraren os dereitos laborais”, concluíu.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.