No Son a Casa da Cultura de San Pedro foi obxecto dunha limpeza integral

18 Febreiro 2022

O Concello de Porto do Son proseguiu neste ecuador de febreiro cos traballos para acondicionar e mellorar vías, infraestruturas e inmóbeis.

Os labores desta semana incluíron unha roza integral na contorna da Casa da Cultura de San Pedro, incluída a limpeza dos exteriores do edificio. Tamén foron acondicionadas as canchas de tenis por parte de Protección Civil de Porto do Son.

Por outra banda, os operarios municipais tamén procederon a limpar as cunetas de Sendia ao Catadoiro, co acondicionamento dos camiños con saburra (zahorra).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.