Logo do paso dunha fronte moi activa comezaremos a semana aínda con moita inestabilidade atmosférica e aire frío. Polo tanto, o ceo estará parcialmente cuberto con chuvascos xeneralizados, máis intensos e frecuentes pola mañá, localmente acompañados de sarabia e aparato eléctrico. A cota de neve situarase nos 900 metros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará forte do noroeste pola mañá, amainando progresivamente a partir do mediodía.

O NOSO MAR: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do noroeste á noite, forza 4 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e 4 a 5 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:49 | 3.2 m |
| Baixamar | 09:07 | 1.1 m |
| Preamar | 15:12 | 3.1 m |
| Baixamar | 21:10 | 1.1 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:42 | 3.2 m |
| Baixamar | 08:59 | 1.1 m |
| Preamar | 15:05 | 3.1 m |
| Baixamar | 21:03 | 1.1 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:46 | 3.2 m |
| Baixamar | 09:03 | 1.1 m |
| Preamar | 15:09 | 3.1 m |
| Baixamar | 21:07 | 1.1 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



