Galicia viste de loito polo naufraxio do “Villa de Pitanxo” – Antón Luaces

16 Febreiro 2022

Sen alento. Así están as vilas de Marín, Cangas, Bueu e Moaña, sacudidas desde primeiras horas da mañá deste martes pola triste nova do naufraxio do pesqueiro galego Villa de Pitanxo, acontecido a 250 millas da costa de Terranova, illa tan coñecida e referente para os mariñeiros galegos que faenan en augas canadenses controladas pola NAFO.

O mesmo acontece, ben seguro, nas Illas Canarias, en Huelva, en Perú e no país africano de Ghana, de onde son tamén algúns dos tripulantes dese barco.

Aínda non se determinaron as causas do afundimento do conxelador do marinense grupo Nores, do que se recibiron dous sinais de alerta a partir das 5,24 horas da mañá deste martes negro, 15 de febreiro de 2022. O sinal da caixa azul do buque perdeuse pouco antes das 6 da mañá, que foi cando se mobilizaron barcos e helicópteros por parte do Salvamento Marítimo canadense, aos que se engadiron outros medios aéreos e marítimos durante todo o día. Uns e outros centraron a súa atención no punto indicado pola posición da radiobaliza e caixa azul do conxelador sinistrado.

O Villa de Pintanxo, de 50 metros de eslora e moi poucos anos de servizo, afundiu sen que, ata o momento, ninguén poida determinar as causas. A bordo, 24 tripulantes, dos que ata o de agora foron rescatados tres con vida; 7 mortos, e os catorce restantes, desaparecidos. É esta a traxedia máis grande rexistrada nos últimos decenios por un barco galego.

A tripulación estaba integrada por 16 españois (6 deles nacionalizados, procedentes de Perú e Ghana). Dos españois, 3 son de Cangas e outros 3 de Marín, e os catro restantes, de Moaña. Bueu, Canarias (un observador do IEO) e Huelva.

Pouco despois das 5 da mañá perdeuse o contacto co barco e comezou o sinal de alerta emitido polas radiobalizas. Tras a mobilización de barcos e helicópteros, foron localizadas catro balsas salvavidas, dúas delas valeiras, sen tripulación. Na terceira foron avistados os corpos de tres sobreviventes, axiña trasladados a lugar seguro.

Oficialmente foron recuperados 7 cadáveres e tres sobreviventes. Os barcos na zona -entre estes o galego Playa Menduiña Dos, con base en Marín, e o portugués Novo Virgem da Barca, aos que se sumou máis tarde outro pesqueiro do grupo Nores. Os catro primeiros cadáveres foron recollidos a bordo dunha das catro balsas salvavidas localizadas pola mañá. O Playa de Menduiña Dos recuperou do mar outros dous tripulantes mortos, e os servizos de rescate outro. En total, os xa citados 7 mariñeiros falecidos.

A temperatura na zona era de 5 graos baixo cero, mar con ondas de 4 a 5 metros, e forte vento.
Toda Galicia, todos os galegos, láianse desta nova traxedia no mar. Só queda o consolo de que se recuperen os corpos dos desaparecidos, tarefa ben pouco doada polas malas condicións climatolóxicas e a escasa visibilidade reinante.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.