Un veciño de Dodro terá que acudir a un xuízo rápido por triplicar a taxa de alcoholemia en Ribeira

09 Febreiro 2022

A Policía Local de Ribeira vén de tramitar dilixencias para un xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria por un condutor que esta madrugada arroxou un resultado na proba de alcoholemia de 0,79 mg/l en aire expirado.
Os feitos que ocasionaron esta presunta infracción penal aconteceron as catro da madrugada da noite pasada, cando axentes do Corpo Nacional de Policía observaron na avenida da Coruña un vehículo
que conducía de forma errática. Déronlle o alto e detectaron que quen o manexaba —un varón de 48 anos de idade pertencente ao municipio de Dodro— tiña unha forte halitose de alcohol, razón pola
cal solicitaron a intervención da Policía Local para a realización da proba co resultado antes indicado.
O vehículo quedou inmobilizado e foi trasladado ao depósito municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...