Convocado en Boiro un proceso selectivo para contratar persoal de axuda no fogar

09 Febreiro 2022

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo con vistas a elaborar unha nova bolsa de emprego, desta volta centrada na cobertura temporal de postos de auxiliar de axuda no fogar. O BOP publica este mércores 9 de febreiro o anuncio da convocatoria e as bases, que se poden consultar tamén na web municipal, www.boiro.gal. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende este xoves e durante 10 días hábiles.

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal segundo necesidades, informou o Concello, engadindo que para poder tomar parte no proceso, as persoas interesadas deberán reunir unha serie de requisitos establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público como ter feitos os 16 anos, posuír as capacidades e aptitudes para o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo, non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha administración.

Como requisitos específicos, as persoas interesadas deben estar en posesión da titulación de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, equivalente ou superior; atención a persoas en situación de dependencia; atención sociosanitaria ou integración social. Ademais as persoas candidatas deben estar en posesión de permiso de conducir e dispoñer de medio de transporte.

O prazo para a presentación de solicitudes abre este xoves día 10 e será de 10 días hábiles. A documentación debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. As bases da convocatoria e o modelo de instancia está a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.