Brión, Muros e Noia piden unha Asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza

26 Febreiro 2022

As corporacións de Brión, Muros e Noia veñen de aprobar, na última semana, unha proposta
para que o presidente da mancomunidade Serra do Barbanza, convoque unha asemblea co fin
de solicitar formalmente a axuda da Deputación da Coruña no desenvolvemento do seu
modelo de xestión.
A proposta, levada ás sesión plenarias polo BNG, contempla a colaboración co ente provincial
para levar a cabo estudos de viabilidade da planta e a redacción dos novos pregos de
contratación, no contexto da expiración do contrato coa actual concesionaria en 2023.
Os nacionalistas sinalan a necesidade de que se coñeza con exactitude a situación financeira
do entre supramunicipal para poder abordar a posible inclusión de novos membros.
Concellos como Ames, Outes ou Rianxo, teñen manifestado o seu interese de participar do
modelo de reciclaxe da planta de Servia, máis, para que iso fose posible, é imprescindible
coñecer as condición de adhesión e as posibilidades de dimensionamento da planta lousamiá.
O texto redactado polos nacionalistas tamén explora a colaboración provincial para a mellora
de equipamentos na planta, comezando pola máquina volteadora, tan solicitada polo persoal
do complexo, para mellorar a eficacia no tratamento do lixo orgánico.
Desde o BNG sinalan que xa teñen mantido contacto coa Deputación e, aseguran a disposición
desta institución a prestar axuda sempre e cando sexa a propia mancomunidade quen a
solicite, de aí a importancia da aprobación desta do BNG moción para que se convoque a
asemblea xeral, único órgano que podería aprobar esta petición.
A responsable da formación nacionalista na Xunta Reitora do ente supra municipal, María
Lago, afirmou que “aínda que a moción vai ser rexistrada tamén nos concellos de Porto do Son,
Carnota e Lousame, agardamos que a premura na reacción do presidente da mancomunidade,
o socialista Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota, para convocar a asemblea, faga
innecesario o seu debate en máis sesións plenarias”.

Representantes do BNG na mancomunidade nunha xuntanza)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.