Boiro prepárase para a xornada grande do seu Entroido

28 Febreiro 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, organiza unha nova edición do tradicional concurso de disfraces e carrozas no marco das actividades do Entroido 2022. O concurso será este martes 1 de marzo ás 18.00 horas na praza de Galicia, logo do desfile de todas as persoas participantes polas rúas do núcleo urbano.

Segundo informa o Concello, “neste concurso poderán inscribirse todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, festeiros, veciñais… ou persoas que así o desexen”. As modalidades establecidas para o certame son as seguintes: individual e parellas, grupos e carrozas. Todas as persoas inscritas no concurso deben participar no desfile.

Os gañadores/as do concurso en cada unha das categorías acadarán os seguintes premios: na categoría individual, 1º de 190 euros, 2º de 170 euros, 3º de 150 euros e 4º de 120 euros. Nos grupos 1º de 300, 2º de 250, 3º de 220, 4º de 180 euros e nas carrozas 1º de 870 euros, 2º de 300 e 3º de 250 euros.

E a maiores….

Presentación Caderno Cultural
Data: venres 4 de marzo
Hora: 20.30 horas
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz
Descrición: presentación dunha nova edición dos Cadernos Culturais, unha publicación que edita o Concello de Boiro e que recolle a tradición do Enterro do Farruquiño de Cabo de Cruz.

-Déixame que che conte
Data: sábado 5 de marzo
Hora: 11.30 horas
Lugar: Biblioteca Municipal de Boiro
Descrición: Déixame que che conte é unha actividade de contacontos para nenos e nenas.
Prazas limitadas. Reservas na web municipal, www.boiro.gal.

-Foliada do Entroido
Data: sábado 5 de marzo
Hora: 20.00h
Lugar: Centro Social de Escarabote
Descrición: Foliada de Entroido da AC Pedra da Aroña. A partir das 19.00h ruada por Escarabote e velorio do Felipiño con chocolate e doces.

Tren dos Enterros
Data: domingo 6 de marzo
Hora: todo o día
Lugar: percorrido polas parroquias
Descrición: o día dos enterros un tren percorrerá as distintas parroquias para chegar aos distintos Enterros que se celebran no municipio.
12.00h – percorrido por Cabo de Cruz para acompañar á comitiva do Enterro do Farruco.
13.30h – pasabares por Praia Xardín para acompañar á comitiva do Enterro da Cunca.
16.00h – saída da comitiva do Enterro do Óso de Abanqueiro.
17.30h – acompañamento da comitiva do Enterro do Felipiño de Escarabote.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.