Boiro celebra o Día de Rosalía cunha mesa sobre muller e literatura e a presentación de “Virtudes (e misterios)” de Xesús Fraga

20 Febreiro 2022

Comeza a semana de Rosalía de Castro na nosa comarca, un programa de celebracións que ten como epicentro o mércores 23 de febreiro (Día de Rosalía) e no que participan todos os nosos concellos. Unha das máis destacadas celebracións deste mércores terá lugar en Boiro, da man da Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Editorial Galaxia e o Concello de Boiro. Trátase da mesa redonda Muller e literatura, que se desenvolverá no Centro Social de Boiro a partir das 20.30 horas. Intervirán as escritoras locais Charo Lopes e Natalia Carou, acompañadas de Pilar Sampedro e María Outeiral.

A mesa redonda complementarase dous días máis tarde coa presentación do Premio Nacional de Literatura e Premio Blanco Amor Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. Será o 25 de febreiro, ás 20.30 h no Centro Social de Boiro. Intervirán o autor, acompañado de María Xesús Blanco, Antón Riveiro Coello e José Ramón Romero García.

Amais, Barbantia informa de que o suplemento cultural A Voz de Barbantia, número 172, sairá o sábado, 26 de febreiro con La Voz de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.