Atopan ósos na zona onde apareceron restos dos mozos desaparecidos na ría de Muros e Noia en 2020

11 Febreiro 2022

Uns mariñeiros que faenaban este venres na costa de Porto do Son localizaron uns ósos que, segundo os primeiros indicios, poderían ser humanos.

A zona do achado está a un quilómetro aproximadamente do punto no que se atoparon restos óseos dun dos dous mozos desparecidos na ría de Muros e Noia no verán de 2020 mentres practicaban kaiak.

Os restos localizados este venres atopábanse no aparello recolleito por uns pescadores que traballaban nas inmendiaciones da capela da Atalaia, en Porto do Son.

Os primeiros indicios apuntan a que os ósos, mergullados a unha profundidade de entre 22 e 25 metros, poderían ser unha columna vertebral dun humano.

Os restos foron recollidos pola Policía Xudicial de Noia, que procederá ao seu traslado ás instalacións do Instituto de Medicina Legal de Galicia ( Imelga) para a súa análise.

A desaparición dos dous mozos remóntase ao 6 de xullo do 2020. O accidente tivo lugar na praia de Coira, na localidade de Portosín, onde tres amigos –dous mozos e unha moza– facían uso dun kaiak.

Ese mesmo día sobre as 21,30 horas, un particular avisaba ao 112 de que facía tres horas que os tres novos habían saído a navegar e non volveran. Tras coñecer os feitos, Salvamento Marítimo mobilizou un dispositivo de procura con medios marítimos e aéreos, ademais de terrestres e subacuáticos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.