No Son “Salvamento Marítimo” prevé intensificar este mércores a procura de dous mozos desaparecidos hai 9 días

14 Xullo 2020

Salvamento Marítimo prevé intensificar este mércores a procura de dous mozos desaparecidos o pasado luns 6 de xullo pola tarde na zona de Porto do Son. Fontes de Salvamento Marítimo indicaron que prosegue a emisión de avisos aos navegantes da zona para que alerten se realizan algún avistamento, avisos que se intensificaron tras suspender hai uns días o rastrxo da zona.

Este mércores e xoves Salvamento Marítimo ten previsto intensificar a procura cando se cumprirán nove días desde o sinistro.

Lembrar que tal como vimos informando en O Barbanza o accidente tivo lugar na praia de Coira, na localidade de Portosín o pasado luns 6 de xullo pola tarde cando tres amigos, dous mozos e unha moza, facían uso da embarcación. Sobre as 21,30 horas do 6 de xullo un particular comunicou ao 112 Galicia desde a Praia de Coira, en Portosín, que facía tres horas que tres novos saíran a navegar e non volveran. Tras coñecer os feitos, Salvamento Marítimo mobilizou un dispositivo de procura con medios marítimos e aéreos, ademais de terrestres e subacuáticos. A rapaza sería rescatada nuns riscos mentres que os rapaces de apenas vinte anos siguen sin aparecer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.