Antón Luaces – Aínda por confirmar oficialmente, só 3 dos 22 tripulantes do pesqueiro marinense Villa de Pitanzo foron rescatados con vida pero con altos síntomas de hipotermia polo tamén pesqueiro de Marín Esperanza Menduíña. Helicópteros canadianos e outros barcos de pesca na zona -250 millas da costa de Canadá- participan nos labores de busca e rescate dos mariñeiros.

O Villa de Pitanzo pertence á compañía Nores, de Marín, e está capitaneado por un profesional de Cangas. Naufragou na mañá deste 15 de febreiro, arredor das cinco, arriando previamente un total de cinco balsas das que unha parmenece sen localizar, dúas estaban ao garete e sen tripulantes, e unha terceira tiña abordo os tres mariñeiros citados.
A tripulación está integrada por mariñeiros galegos -a maioría de Cangas e Marín-, de Senegal e Gambia, segundo as primeiras informacións facilitadas. A incertidume sobre o acontecido e a carencia de novas sobre o estado dos tripulantes ten á comarca canguesa e marinense en permanente estado de intranquillidade.