Aprobado na Pobra o Plan de Obras e Servizos 2022

10 Febreiro 2022

O Concello da Pobra informou dos puntos do día abordados na sesión plenaria deste 9 de febreiro, un pleno que se saldou coa aprobación (por unanimidade) do POS+2022 provincial e do POS+Adicional.

Tamén fixo saber que “debido a que a convocatoria da sesión extraordinaria e urxente do pleno da Corporación para o día 9 de febreiro de 2022, ás 20.30 horas, non posibilitaba debater o POS Social no segundo punto da orde do día, e por principio de economía procesal e co gallo de non convocar un segundo pleno, foi preciso ampliar a dita orde do día, polo que a sesión comezou ás 21.00 horas no salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiña”.

A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación, no seu caso, da urxencia da sesión. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).

2. Aprobación POS+2022 (Plan Único de Concellos). Aprobado por unanimidade.

3. Aprobación POS+Adicional 1/2022 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2022. Aprobado por unanimidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.