ADEGA di que o Goberno incumpre a moratoria para instalar parques eólicos mariños

08 Febreiro 2022

A asociación ecolóxica galega ADEGA vén de emitir un comunicado sobre a actitude do Goberno en relación á moratoria establecida para a instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas, unha actitude que segundo critica a entidade ambiental evidencia “o incumprimento da dita moratoria”. Esta tivo a súa orixe en xuño de 2021, cando o Goberno acordou paralizar a admisión de novos parques eólicos mariños mentres non se aprobara un marco normativo propio para o sector. “Porén”, denuncian dende ADEGA, “en novembro pasado ano admitiu a trámite o parque eólico mariño Nordés de 1,2 GW con 80 aeroxeradores de 15 MW cada un fronte á costa ártabra, promovido por dúas empresas do sector enerxético e de investimentos de capital internacional”.

ADEGA critica que “o desenvolvemento da enerxía eólica mariña no Estado español carece dunha planificación propia”. Segundo explica, “tan só o RD 1028/2007 establece os requisitos administrativos, mais non existe unha regulamentación sectorial propia que estableza as áreas aptas, as condicións de desenvolvemento, ou os criterios de exclusión, entre outros condicionantes”. Así, engade a entidade ecoloxista, s”ó no POEM (Plano de Ordenamento do Espazo marítimo), aínda en tramitación, hai referencias entre moitas outras actividades, ao desenvolvemento da eólica mariña nos mares do Estado”.

ADEGA ten reclamado ao Ministerio que “cando cando menos a xeración de enerxías renovábeis no mar (cando non a eólica en exclusiva) conte cunha planificación e desenvolvemento normativo axeitado”, como establece a Folla de ruta da eólica mariña e as enerxías do mar en España aprobada o pasado 10 de decembro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...