A Deputación abre o prazo de solicitudes das bolsas de deportistas

15 Febreiro 2022

A Deputación da Coruña, no seu labor de promoción apoio ao deporte da provincia, convocou 45 bolsas de 3.500 euros cada unha destinadas a deportistas da provincia que destaquen en competicións federadas a nivel autonómico, nacional e internacional. O prazo de solicitudes abre mañá mércores e remata o 18 de marzo ás 14.00 horas.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, informou de que neste 2022 a Deputación destina un orzamento de 157.500 euros a esta liña de subvencións, que pretende “recoñecer o esforzo das nosas e os nosos deportistas e axudarlles a que poidan ter a mellor preparación para que sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés nas diferentes disciplinas deportivas”.

Entre os bolseiros da Deputación en 2021 destacan referentes do deporte coruñés como a atleta ribeirense Ana Peleteiro (medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Tokio), o piragüista betanceiro Carlos Arévalo (medalla de prata), o remeiro noiés Caetano Horta, Alberto Gaitero (judo), Daniel Castro (tiro con arco) ou Belén Toimil (lanzamento de peso).

Podemos consultar os detalles da convocatoria no BOP.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...