Rosana Pérez (BNG) presenta no Parlamento unha nova proposición non de lei sobre San Fins

27 Xaneiro 2022

A deputada do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, vén de rexistrar unha nova proposición non de lei (PNL) relativa a situación nas minas de San Fins, no termo municipal de Lousame. A iniciativa dos nacionalistas quere pór de manifesto o que consideran unha “contradición do Partido Popular” ao respecto da dita explotación mineira da nosa comarca. En palabras de Pérez, “mentres a posición do PP no Parlamento no mes de decembro foi a de votar en contra da proposta do BNG para esixir que se requira á empresa adxudicataria da mina a presentación de estudos de impacto ambiental, neste mes de xaneiro o vicepresidente recoñeceu a súa necesidade nunha reunión con diferentes alcaldes das comarcas de Muros e Noia”.

Neste sentido, Pérez sinala que “nalgún dos dous momentos, ou no debate parlamentario ou na reunión cos Concellos do pasado día 12 de xaneiro, non se dixo a verdade por parte do vicepresidente segundo”. A representante nacionalista tamén critica que “se tiveran posto os proxectos de vertido e de adecuación do leito do río a exposición pública cando non se teñen presentado os respectivos estudos de impacto ambiental que agora a Xunta recoñece necesarios”.

No respectivo á PNL, os nacionalistas piden, en primeiro lugar, “solicitar á empresa concesionaria a tramitación da avaliación ambiental” e “que se denegue calquera tipo de acción na mina no entanto non se leve a cabo dito proceso”. Ademais, tamén propón “que se obrigue á empresa a “establecer garantías legais e avais económicos suficientes para que a empresa faga fronte ás consecuencias de potenciais incumprimentos ambientais”.

En canto ao pleno do Concello de Lousame, o portavoz do BNG na localidade, Anxo Moledo, sinalou que preguntarán ao Goberno local sobre “os motivos que levaron ao cambio na posición en canto aos estudos de impacto ambiental”, concretamente “sobre as razóns polas que non admitían dita necesidade no pasado e agora si”.

O portavoz nacionalista tamén sinalou que se interesará “sobre se Executivo municipal entende que a Xunta debe requirir estes estudos para os proxectos que xa están en exposición pública”.

Outros artigos

Incendio nun alpendre no concello de Noia

O Parque Provincial de Boiro recibiu aviso esta madrugada por un incendio nun alpendre no lugar de Ponte de San Francisco, no Concello de Noia. O lume afectaba a un pequeno pendello cunha lareira e leña almacenada no interior. As lapas chegaron a propagarse ao tellado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.