Representantes do PSdG-PSOE comarcal de Barbanza e Muros e Noia, visitan as balsas de San Finx para reiterar o seu apoio cosaneamento das Rías

25 Xaneiro 2022

Este fin de semana, representantes do PSdG-PSOE dos Concellos que forman o partido a nivel comarcal visitaron as balsas da Mina de San Finx, onde poideron comprobar o seu estado actual, e mostrar a súa preocupación polo evidente deterioro das paredes de contención dos residuos mineiros.

Como xa se ven realizando dende varias agrupacións locais do PSdG- PSOE nas últimas semanas, o partido da Comarca quixo deixar clara a súa postura respecto á posible reapertura da actividade mineira, na que solicitan que se cumpran todos os requisitos medioambientais que están vixentes na actualidade, para poder retornar a actividade. Como pode ser a realización do estudo de impacto ambiental da actividade mineira, e comprobar a solvencia económica da empresa que finalmente poda explotar a Mina, para facer fronte a calquera incidencia que poda ocorrir.
Os representantes comarcais do PSdG-PSOE seguirán trasladando, tanto á dirección do partido en Galicia e ao grupo Parlamentario, a necesidade de que a Xunta esixa á empresa responsable do complexo mineiro que se garantice a seguridade e calidade das augas que chegan á Ría de Noia, e que da emprego a tantas familias a través da actividade marisqueira e a pesca.
Asímesmo, solicitarán que se leven a cabo as xestións pertinentes para a restauración ambiental do entorno da mina, a posta en seguridade do estado das balsas que recollen os residuos mineiros, ou a eliminación das mesmas co tratamento que sexa preciso para a retirada dos residuos depositados nelas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.