No marco das festas de Santa Tecla de Corrubedo, a parroquia vai acoller estes sábado un concerto de Gaviotas Negras, a banda de San Diego con raíces en Corurbedo.
Estarán acompañados do músico e showman Tonhito de Poi (Castiñeiras, Ribeira 1969) e máis de Harpo Slim.
Será a partir das 19.00 horas na Cantina de Corrubedo (rúa Chaprado 19).
Este concertos, que se estenderán ata case a medianoite, forman parte do tardeo da Cantina de Corrubedo encadrado nas festas de Santa Tecla. Haberá como dixemos música en directo pero tamén sorpresas e sorteos. O broche de ouro virá da man de DJ Nicobatea.




