Recala en Rianxo a mostra da Deputación que homenaxea a Carvalho Calero

26 Xaneiro 2022

A exposición da Deputación da Coruña para conmemorar a figura do Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado en 2020 no Día das Letras Galegas, poderá verse en Rianxo, na praza da Manuela (paseo da Ribeira), até o 6 de febreiro.

A mostra percorre a vida e a traxectoria creativa do autor ferrolán, máximo representante do reintegracionismo (a corrente lingüística, cultural, social e política que reivindica a raizame común do galego e o portugués, avogando pola integración).

Trátase da mostra coa que o ente provincial homenaxea o autor ao que no ano 2020 se lle dedicou o Día das Letras Galegas e cuxa celebración quedara “desdebuxada” por mor da irrupción da pandemia e as restricións que implicou.

A exposición, a través de trece expositores permite percorrer outras tantas etapas da vida de Carvalho Calero, facendo especial fincapé no legado do autor ao que o pasado ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Así, nestes trece paneis pódese visitar a traxectoria vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol até o peche co titulado Mestre de Compromisos onde se fai mención ás distintas homenaxes que recibiu antes do seu falecemento e, asemade, recóllese unha imaxe do alumnado da primeira promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa da que foi profesor.

A mostra, concibida desde a filosofía da itinerancia co obxectivo de chegar a diferentes puntos da provincia, iniciara o percorrido en Ferrol por ser o lugar de nacemento do propio Ricardo Carvalho Calero. Tralo seu paso por Ribeira ao remate do verán viaxou ata Betanzos para trasladarse posteriormente a Sada, Melide e Rianxo.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.