“Por mis pistolas” – José Vicente Domínguez

13 Xaneiro 2022

Claro que Cantinflas o bordaba. Era capaz de converter en arte calquera cousa que fixese. Pero hai moito imitador de Cantinflas solto que, actuando por enriba da súa capacidade, o que fai, ademais de carecer de graza, adoita ser chafalleiro. Cando un político pretenda emular a Cantinflas, debería pensalo moito e non esquecer que a arte non debe confundirse co bodrio, se non quere rozar o ridículo. E aquí comeza o espectáculo.

Señoras e señores pasen e vexan a remodelación estética que acaban de facer na explanada do porto en Palmeira! Observen o ensarillado labirinto e xulguen vostedes mesmos! Se son capaces de entender o deseño de bolardos e masas pétreas, é que son incapaces de rirse con Cantinflas e iso, deberían de facerllo mirar; porque é posible que perdesen o sentido do gusto, da estética e da arte mesmo.

Cantinflas, na súa maxistral interpretación de Por mis pistolas, naquela memorable secuencia do paso entre México e USA, montado no seu cabalo e arrastrando o seu burro, consegue que o funcionario de fronteiras lle permita a entrada como turista. Iso si; facendo constar que o equino e o jumento eran “familiares acompañantes”.

Por iso, estaría ben que do mesmo xeito que fixo o probo funcionario de fronteiras, Portos de Galicia e o Concello nos aclarasen cal é a responsabilidade que cada un tivo no dislate remodelador da chaira do porto en Palmeira. Isto é: aclarar quen é o jumento e quen o xamelgo da anárquica conxunción de bloques pétreos e bolardos que de súpeto apareceron.

Saben?, é lamentable que as cousas se sigan facendo así, á brava, Por mis pistolas, sen información pública previa, actuando ás costas da opinión deste inculto e fronteirizo pobo de Palmeira que, desde o pasado luns, está a preguntarse:

É isto o que nos venderon como o gran deseño de Chipperfield para a mellora do acceso portuario?

Os veciños queremos crer que non. E inclinámonos a pensar que os responsables lle deberon encargar o bodrio a Pepe Gotera e Otilio (con perdón do gran Ibáñez). Naturalmente, de ser certo que a obra se debe a eses xenios de chapuzas a domicilio, quedamos máis contentos co consolo de pensar que o inescrutable labirinto portuario é unha broma. E de paso, faranos lembrar a Cantinflas que neste caso diría: Ai Palmeira, nomás no me la destrosen!


Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.