Os socialistas propoñen unha estratexia conxunta a longo prazo para salvar a produción marisqueira na ría de Arousa

18 Xaneiro 2022

O voceiro de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, propuxo este 18 de xaneiro abordar “unha estratexia conxunta a longo prazo” e “con carácter permanente” para salvar a produción da ría de Arousa. A proposición non de lei socialista, presentada na Comisión de Pesca do Parlamento, foi rexeitada polo PP.

Segundo informou, “os datos evidencian que a situación na ría de Arousa está peor que hai uns meses”, alertando de que a “acción política” da Xunta “non está funcionando” porque “dende a Xunta están a burocratizar o sistema” e “pretenden recuperar unha ría pasando papeis dende un despacho en Santiago”.

O vicevoceiro socialista lamentou o que considera un exemplo de “inacción” por parte do Goberno galego, e engadiu “que cando Feijóo accedeu ao Executivo hai 12 anos existían máis de 6.400 permisos marisqueiros e, entón prometeron acadar os 8.000, pero agora estamos en menos de 4.000”. E engadiu: “A tendencia evidencia que estamos caendo en termos globais e non só en termos puntuais, polo que estamos nunha situación grave para un sector vital para Arousa”.

Torrado instou ao Goberno galego a “abrir unha mesa de traballo” que permita a todos os axentes implicados traballar nunha “proposta en positivo” e “poñendo todos os esforzos no mesmo sentido”; así como a “poñer fondos” para afrontar unha “política transformadora” porque “de nada vale falar sobre isto se o sector queda sen ferramentas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.