Os nosos clubs de remo inician as primeiras probas de bateis en 2022

24 Xaneiro 2022

Unha vez fixada (polos clubs e pola Federacón Galega de Remo) o calendario da pre-temporada de bateis da zona norte de Galicia (Coruña e Lugo), dende o Club de Remo da Pobra do Caramiñal (Club Remo Puebla) veñen de confirmar o inicio das probas de adestramento entre entidades deportivas da nosa contorna, con vistas ao dito calendarios de eventos. Estas probas, de pequeno formato e en clave “amistosa”, comezaron a organizarse hai dous sábados.

Debido ao numero de casos positivos en varios clubs, nestas probas só están a participar o dito club da Pobra e máis o de Cabo de Cruz. Porén, a idea é que participen tamén Rianxo e Ribeira (polo menos). “Esperamos contar con eles as vindeiras semanas”, indican dende a entidade deportiva do Caramiñal, engadindo que nestas regatas de pequeno formato o obxectivo “é prepararaos equipos máis novos (alevín, infantil e cadete, masculino e feminino) para as regatas oficiais e eliminatorias que están previstas para os meses de marzo e abril.

Nas imaxes que acompañamos poden verse os tempos da proba deste sábado e o borrador do calendario.



Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...