“obarbanza.gal” creceu un 140% no ano 2021 e chegou os 706.000 lectores/únicos. ¡Grazas polo apoio!

01 Xaneiro 2022

Rematou 2021 cun crecemento espectacular do noso diario dixital “obarbanza.gal”, con 706.016 lectores/distintos, o que supón un 140 % mais que o ano 2020 e un 814 % do 2019, primeiro ano de lanzamento da web.

Durante o ano que rematou diariamente leron a nosa web 1.934 usuarios únicos de luns a domingo, con picos que superaron os 2.278 en xullo e agosto.

Diariamente descargaronse de media 7.866 novas e a noticia máis seguida do ano foi a profanación das sete tumbas do cemiterio de Castiñeiras con 15.535 usuarios. As novas de sucesos, as sociais e da Covid foron as mais descargadas da nosa web. No eido empresarial o comunicado de JEALSA foi baixada por 10.285 usuarios.

No capítulo de opinión o artigo “Profesionais da pesca falan de accidentes raros no mar” de Antón Luaces foi lido por 4.068 siareiros seguida de “Palmeira, un pobo ferido de morte” de Celia García Pillado con 2.992 lectores.

“obarbanza.gal” tivo lectores de 187 países. España, Noruega, Estados Unidos, Francia, Alemania, Suecia, Chile, Irlanda, Canada, Federación Rusa, Portugal, Arxentina son os países de mais siareiros.

A nosa revista mensual “O Barbanza” editou 13 números o longo do 2021, repartidos en Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Dodro, Porto do Son, Outes, Noia e Lousame cunha tirada de 6.000/7.000 exemplares por edición segundo o mes, en total de 85. 000 exemplares de balde, iso sin contar varios milleiros descargados en pdf desde a rede.

Na nosa rede social facebook contamos xa con 1.981 seguidores. Tamén todolos días podes recibir de balde no email o resumo de novas do día e os artigos de opinión. Subscribíndose de balde no enlace: http://boletin.obarbanza.gal/.. boletin que conta xa con preto de 500 suscriptores.

E lembrar que se pode descargar e velas nosas revistas mesuais en Pdf de balde, no seguinte enlace: https://obarbanza.gal/seccion/edicion-impresa/

¡GRAZAS POLO VOSO APOIO, DANOS A COÑECER E ESPERAMOS SEGUIR CONTANDO CON VOS NO 2022!

Outros artigos

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.