“Profesionais da pesca falan de accidentes raros no mar”. Antón Luaces

20 Xuño 2021

O pesqueiro sonense “Sempre Gueto” o chegar o porto de Ferrol

Á mesma hora, o mesmo día. Dous mortos no mar e un ferido. Ben sei que non é novidade esta coincidencia no sector marítimo-pesqueiro, pero cualificados profesionais afirman non concordar á hora de concretar  causalidades para xulgar o acontecido o pasado xoves en augas de Galicia.
O pesqueiro de Cedeira con base en Portosín “Sempre Güeto”, envorcou e quedou quilla ao sol fronte aos cantís de Santo André de Teixido arredor das dúas  da tarde. Neste accidente aínda por avaliar pola CIAIM, perderon as súas vidas dous mariñeiros. Os seus corpos foron, finalmente, recuperados. Tamén o barco, que coa quilla ao sol foi remolcado por Salvamento Marítimo ao porto de Ferrol. Para a organización de titulados náutico-pesqueiros AETINAPE, as conclusións da  Comisión de Investigación sobre Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) deben facer reaccionar ás institucións para tomar máis en serio este tipo de siniestralidade laboral, que “non é unha maldición”. Por esto piden que nunca máis se recorra á resignación e demandan das autoridades “que choren menos e actúen máis perante sinistros como o do “Sempre Güeto”. 
Reclama AETINAPE que as conclusións da CIAIM  non queden “nun papel decorativo” e que sirvan “para inspirar as reformas  legais necesarias para prever este tipo de traxedias”, algunhas delas presuntamente accidentes que poderían evitarse. Porque os barcos son, afirman os titulados náutico-pesqueiros, “instrumentos tecnolóxicos que poden soportar sen problemas un estado do mar como o que rexistraba o Ortegal no momento do sinistro”.Para Aetinape as cousas apuntan inicialmente “a unha deficiente estabilidade do buque, unha vez que este procedeu á súa descarga e navegaba en lastre cara a Portosín”. Normalmente, nestas circunstancias”concorren factores  como a distribución dos aparellos ou a descompensación de pesos no interior da nave”, o que pode desembocar”na alteración da estabilidade” e na desgraciada situación de quilla ao sol.A alta sinistralidade e as escasas condicións de seguridade son, dí AETINAPE, referentes neste segmento de frota, motivo polo que a formación das tripulacións “é unha cuestión da máxima importancia, así como os sistemas de inspección”.Sumándose á dor pola perda de vidas humanas, reclama AETINAPE que as autoridades “deixen de minimizar un problema endémico no sector marítimo pesqueiro” e que exerzan co máximo rigor o control dos buques “tanto na súa dimensión física (deseño, distribución, estabilidade, etc.) como no que atinxe ás xornadas de traballo, ás condicións de habitabilidade, descansos e resto de circunstancias nas que se desenvolven as tripulación”, cuestións todas elas responsabilidade de organismos públicos como a Secretaría Xeral de Pesca e a Dirección Xeral da Mariña Mercante “que fai pouco tempo permaneceron impasibles perante o relaxamento dos niveis mínimos de formación”.A esta formulación da asociación de titulados náutico pesqueiros súmanse as conclusións que tiran outros mariñeiros e que van dende a estraneza pola ausencia de mal tempo ata os que apuntan á posibilidade da existenza no mar dalgún fenómeno raro como pode ser un maremoto de baixa intensidade porque, ao parecer, na área de Muros, á mesma hora e día rexistrouse un pequeno tremor do que, por certo, ningunha institución da conta. Sí chama a atención a coincidencia no tempo do accidente do “Sempre Güeto” -que se relaciona cunha onda senlleira que se abatiría sobre o barco en medio do mal tempo do noroeste que había na zona, o que tampoucio concorda cos que afirman que o tempo non era malo. Outros mariñeiros aseguran a este xornal que o mar non era malo e que, sen embargo, a unhas 25 millas da Torre de Hércules, na baixada dunha onda, o arrastreiro de litoral “Virgen de Faro” perdeu un tripulante cando realizaba as súas funcións a bordo e que só o feito de ter posto o chaleque salvavidas e a pericia do patrón e os demáis tripulantes do buque permitiu o seu rescate após a alerta emitida pola activación da radiobaliza da que vai dotado o chaleque e que foi inmediatamente captada no barco e nos servizos de Salvamento Marítimo. Por este feito, o mariñeiro poido ser rescatado, deixando o barco para elo no mar os aparellos (recuperados o venres polo mesmo barco) que tiñan largados. Este mariñeiro ferido foi intervido cirúrxicamente nunha clínica privada da Coruña o sábado, afectado por unha fractura nun brazo. Se foi fundamental a rapidez da intervención dos tripulantes do “Virgen de Faro”, non menos esencial resultou a do helicóptero de Salvamento Marítimo, que acudiu con dilixencia a esta acción, após outra realizada na busca dos mariñeiros do “Sempre Agüeto”.Neste intervalo de tempo tamén se produciu o achado na ría da Coruña dunha embarcación menor, ao parecer substraída no porto oleirense de Santa Cruz, que, quilla ao sol, estaba ao garete suponse que despois de colidir co pantalán petroleiro de Repsol.Sexa como for, tres casos por resolver: mal tempo e circunstancias desfavorable a bordo, pouco probable sismo de escasa forza e que alguén detectou na zona de Muros, e abandono da gamela de Santa Cruz… O malo, realmente, é a sempre lamentable morte de dous traballadores do mar e a fractura dun brazo padecida por un terceiro mariñeiro, este noutro barco distintos ao dos anteriormente citados.Moito para pescudar. Tamén moito para debater.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...