Profanadas 7 tumbas do cemiterio de Castiñeiras. A Policía podería ter detido a un presunto autor do feito (Video)

15 Febreiro 2021

Coas naturais reservas e pendentes de confirmación oficial, cheganos informacións da detección dun individuo posible autor do sacrilexio do camposanto de Castiñeiras.

Lembramos que tal como vimos informando en O Barbanza efectivos da Policia Nacional investigan desde primeira hora da mañá o acontecido no ceminterio do Bo Pastor de Castiñeiras. Segundo parece alguén durante a fin de semana accedeu e profanou varias tumbas do camposanto. A policía cerrou o cementerio e prohibíu o acceso o mesmo mentres investigaban o acontecido. As informacións indican que foron abertas sete tumbas.

Fontes da Policia Nacional apuntan que quitaron as caixas e abríronas para levar algúns restos mortais que contiñan. A muller que descubriu os feitos alertou ás forzas de seguridade que acudiron ao camposanto para iniciar os traballos de investigación e acordoaron o espazo.

En declaracións á Radio Galega, o alcalde ribeirense Manuel Ruíz Rivas afirmou que as tumbas non teñen conexión entre elas, e que a profanación tivo lugar en varios puntos do camposanto.

Nas inmediacións do cemiterio reuníronse familiares dos falecidos que están enterrados no camposanto á espera de noticias.

A policía foi deixando entrar a grupos de persoas pasadas as 13.30 horas, se ben a aglomeración de veciños fixo que as forzas e corpos de seguridade saíran para anunciar os nomes dos prexudicados.

Unha das hipóteses que baralla a policía é a do roubo. Cren que unha persoa puido ser soterrada a semana pasada con algún obxecto de valor. Pero para os veciños, nada disto ten sentido.

O párroco da Castiñeiras entereouse por O Barbanza do suceso e acudíu o camposanto. Segundo nos informou ata agora houbera desfeitas menos importantes, como cava de portas e da oficina da empresa que xestiona a venda dos nichos. O cura dixo que os profanadores romperon tamén as portas da capela do cemiterio.

A nova correu polo pobo e a indignación foi crecendo entre os veciños. Mentres a policia nacional segue as investigacións en busca dos individuos que perpetraron tal salvaxada.

Ducias de veciños concéntranse diante do camposanto en busca de información. foto cedida
fotos cedidas

Video TVG http://www.crtvg.es/informativos/profanan-sete-tumbas-nun-cemiterio-de-ribeira-4805317

Outros artigos

El Brujo volverá a Ribeira coa “Viaxe do monstro fero”

O Concello de Ribeira presentou este 9 de xullo os detalles da nova actuación de El Brujo en Santa Uxía. Na cita cos medios participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, xunto cos técnicos de Cultura, Sara e Unai. Trátase, sinalaron, dunha nova proposta...

+

Aceites Abril reivindica as redeiras de Aguiño

No marco do seu compromiso coa posta en valor do patrimonio galego, a marca galega Aceites Abril lanzou unha nova campaña baixo o paraugas Facendo mellor ás mellores, esta vez centrada no que a empresa ourensá cualifica como “un oficio silencioso pero imprescindíbel”,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

Europa se ha vuelto un continente cansado, de sí mismo, de sus símbolos, de su pasado. Lo que alguna vez fue un faro de civilización, una sinfonía de culturas, hoy parece atrapada en la melancolía de quien ya no cree merecer su legado. El desarraigo se ha convertido...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.