O conflicto do porto de Palmeira en vías de solución. O alcalde aborda o problema coa Consellería do Mar e Portos

14 Xaneiro 2022

O Goberno Local de Ribeira segue traballando na busca dunha solución ao conflito xerado no porto de Palmeira e para abordar esta cuestión o próximo martes 18 de xaneiro, as dez da mañá, o alcalde Manuel Ruiz celebrará unha reunión do máximo nivel na Xunta de Galicia: concretamente, coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, na que tamén estará a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas.
O Executivo do Concello segue reiterando a retirada inmediata dos elementos dispostos provisionalmente no porto de Palmeira e ofrece ao respecto toda a súa colaboración para buscar unha fórmula alternativa que resolva os problemas de tráfico existentes nese punto e que dificultan o normal desenvolvemento das actividades profesionais do sector do mar.
O Goberno de Ribeira quere agradecer o interese mostrado pola conselleira Rosa Quintana e a súa predisposición a dar prioridade a este asunto na súa axenda.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.