O Concello de Boiro intervén na AC-305, ao seu paso por Cimadevila, para mellorar a seguridade viaria

18 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro está a realizar melloras na estrada AC-305 ao seu paso pola vila co obxectivo de “intensificar as medidas de seguridade de peóns e condutores no lugar de Cimadevila”. A mellora da iluminación e a reordenación do espazo son algunhas das medidas que se están a levar a cabo “para a redución das incidencias”, explicaron fontes do Goberno local.

Unha das actuacións que se levou a cabo nos últimos días foi a reorganización dos espazos de estacionamento, que se colocaron en oblicuo “para lograr un maior aproveitamento do espazo e adaptalos ao recollido no código de circulación”, buscándose con isto optimizar “a fluidez no tráfico á hora de efectuar manobras”.

Con esta disposición dos estacionamentos mellorase tamén a visibilidade, sobre todo nas zonas de curva.

Realizáronse tamén modificacións nas paradas de autobús, emprazadas até o de agora antes dos pasos de peóns, o “que viña supoñendo un perigo á hora de cruzar”, sinalou o Concello, que apostou por colocalas despois e mellorar a visibilidade das mesmas. No ano 2020 mellorouse tamén a iluminación dos pasos de peóns para aumentar a visibilidade.

Estas actuacións para mellorar a seguridade da AC-305 complementaranse con máis intervencións en datas vindeiras. De feito, o Concello fixo xa varias solicitudes á titular da vía para a instalación dos sistemas máis axeitados para a redución da velocidade e a sinalización dos pasos de peóns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.