O Concello de Boiro executa obras de pavimentado na rúa Nova

13 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro informou do inicio dos traballos para acondicionar e pavimentar a rúa Nova, unha actuación dun importe de 24.380,60 euros que realiza con cargo ao Plan Único (POS) da Deputación da Coruña.

A obra comprende o fresado da zona da actuación e posterior pavimentado e pintado, nunha lonxitude de 256 metros lineais. A actuación vai facer fincapé no peraltado da vía de este a oeste para que as augas da choiva se recollan axeitadamente na rede de sumidoiros instalada.

Estas actuacións forman parte dun proxecto máis amplo para a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos en distintos puntos do municipio. O proxecto engloba diversas actuacións dun orzamento total de 164.074,38 euros financiados pola Deputación da Coruña con cargo ao Plan Único (POS).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.