O Centro Social de Boiro acolle a proxección de A virxe roxa este 21 de xaneiro

17 Xaneiro 2022

Este venres 21 de xaneiro o Centro Social de Boiro vai dar acollida á proxección do filme A virxe roxa, dirixida por Marcos Nine producida por Recrea Films. Será a partir das 20.00 horas. O acceso é libre até completar a capacidade máxima da sala.

O filme nárranos o asasinato de Hildegart Rodríguez a mans da súa nai Aurora, en 1933, dando forma a un documental experimental que recrea a conmoción sufrida pola sociedade española a raíz dun crime que serviu para converter a Hildegart Rodríguez nun referente para a esquerda da época. A película de Nine xunta testemuñas de expertos, imaxes de películas de principios do século XX e ilustracións do artista plástico Alberto Taracido, entre outros documentos e fontes que contribúen, en palabras da produtora, a “crear un conxunto hipnótico”.

Apoiado na narración de Antonio Durán Morris, e as interpretacións das actrices María Vázquez e Nerea Barros (que poñen voz aos pensamentos das dúas protagonistas), o documental é un achegamento directo a dúas vidas, as de Aurora e Hildegart, que reflicten os graves problemas da sociedade machista e reaccionaria daquel tempo (moitos deles aínda presentes).

Hildegart Rodriguez foi unha brillante e reputada intelectual dos anos previos á Guerra Civil. Con só dezaoito anos, era unha das mulleres máis destacadas da Segunda República española. Publicou varios libros sobre educación sexual e o papel da muller na sociedade moderna, foi xornalista e membro do partido socialista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...