O bus do teatro do Centro Dramático Galego chega tamén a Boiro

14 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro participa tamén (xunto co de Rianxo, tal e como sinalamos dende este medio os días pasados) no programa de mobilidade Subes ao bus do teatro? que promove o Centro Dramático Galego para asistir á representación de A Peste no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A función será o venres 4 de febreiro e o autobús sairá de Boiro, das inmediacións da Casa da Cultura, ás 18.30 horas.

O Concello informou de que a reserva de prazas para o autobús debe facerse cubrindo o formulario dispoñíbel na web municipal e a entrada para a función queda reservada e as persoas asistentes deben pagala na billeteira antes de acceder. O prezo da entrada é de 6 euros.

O autobús para asistir á función sairá de Boiro ás 18.30 horas, polo que se recomenda estar un pouco antes na parada da Cachada, e regresará arredor das 23.00 horas, unha vez remate a función.

O espectáculo

O equipo de A Peste está dirixido por Cándido Pazó, quen asina tamén a dramaturxia. Inspírase na novela homónima do autor franco-arxelino Albert Camus, na que aborda de xeito metafórico as grandes pragas causadas polo ser humano.

Evaristo Calvo, César Cambeiro, Nacho Castaño, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda García, Paku Granxa, Luís Iglesia, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Santiago Prego, María Roja, Santiago Romay e Carlos Sante compoñen o elenco que lles dará vida ás personaxes deste clásico.

A peza ofrece unha reflexión sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise. A través do personaxe do doutor Rieux, narra os sucesos na cidade de Orán durante unha praga de peste que a asedia e pon os seus habitantes en corentena. Céntrase nos periplos das persoas encerradas, en como loitan contra a praga e lle buscan un sentido á súa situación, primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia, logo a través do esforzo colectivo e comunitario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.