O BNG valora que se reduza o gasto enerxético da EDAR e pide que se reduza o tarifazo do saneamento

08 Xaneiro 2022

O BNG ribeirense emitiu un comunicado para valorar positivamente que se atenda a súa proposta de instalar enerxías renovables para abaratar o recibo do saneamento.

Desde o Bloque argumentan que malia que a formación sempre se opuxo a este modelo de saneamento, aprobado unilateralmente polo Partido Popular por ser caro e ineficiente, foi o único grupo que presentou alegacións e propostas alternativas. A instalación de enerxía renovable para reducirlle a tarifa á veciñanza, fora unha medida presentada en xaneiro de 2020 cando se debateu a xestión da depuradora.
O concelleiro do BNG, Luís Pérez Barral, esgrimiu que “hai fondos suficientes para facer rebaixas importantes pero o goberno local prefire facer caixa cunhas taxas e impostos, claramente abusivos, que lle cobra á veciñanza neste momento de crise económica”. Barral votou man dos datos para explicar os motivos que levan ao Bloque a propoñer rebaixas e bonificacións importantes. Detallou que o Concello de Ribeira vaille cobrar á veciñanza 4.650.000 euros en concepto de auga, saneamento, lixo e sumidoiros mentres, outras taxas e impostos que non lle afectan á veciñanza, se manteñen en niveis mínimos como por exemplo a que grava o uso de terreo público por parte das compañías eléctricas e telefónicas da que só se prevé ingresar 265.000 euros.

Así pois, desde o BNG consideran que a cidadanía non debe pagar as malas decisións adoptadas polo PP cando escolleu o actual modelo de depuración caro e ineficiente. Propoñen reducir un 20% a taxa de saneamento e depuración por ser “tarifazo abusivo” e formulan incrementar a bonificación a colectivos vulnerables.

Tamén se refiren á subministración de auga potable e propón crear unha bonificación dun 30% para familias numerosas e establecer o consumo por tramos (reducido, medio e xeral) para fomentar que aquelas persoas que reduzan o consumo de auga poidan pagar menos. “Aprobar esta medida premiaría aqueles fogares que reduzan o seu consumo de auga” asegura Pérez Barral.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...