O BNG propón no Parlamento un plan de choque para recuperar a ría de Arousa

19 Xaneiro 2022

O BNG vén de propor no Parlamento galego, a través da pobrense Rosana Pérez, unha análise das causas que motivan “a progresiva merma da produción marisqueira na ría de Arousa, nomeadamente nos seus bancos de libre marisqueo”, así como “a posta en marcha, de acordo co sector, das medidas necesarias para poñer freo a esta diminución e a elaboración, tamén xunto ao sector, dun verdadeiro plan de choque que incida na recuperación a medio prazo da produción marisqueira da ría”, sinalou a agrupación.

Así o defendeu a portavoz nacionalista de Pesca, Rosana Pérez, ante a comisión sectorial da Cámara, nunha proposición non de lei que foi rexeitada polo PP, decisión que foi criticada pola voceira do BNG: “Trátase dun partido que vota sistematicamente en contra das propostas da oposición para buscar unha solución e poñer os medios que permitan reverter a situación, cando aquí deberiamos estar todos e todas co sector marisqueiro e coa produción marisqueira da ría de Arousa”. Pérez rexeitou que a baixa salinidade das augas orixinada polas choivas de febreiro de 2021 xustifique a preocupante evolución dos datos na ría ao longo da última década: máis de 800 toneladas de produción de ameixa babosa en 2010 ás pouco máis de 127 en 2021 e dos 800 barcos faenando nos bancos de libre marisqueo aos 400 actuais, exemplificou. “Estamos falando dos últimos 10 anos e non son datos do BNG, son datos das propias confrarías e da Asociación Galega de Depuradores de Moluscos (AGADE)”.

Pérez tamén alertou sobre os datos das mostras realizadas polas confrarías noutras especies e zonas da ría, que “presentan valores descendentes preocupantes”, e da contaminación que, “a maiores dos vertidos de augas residuais, afecta á ría procedente do río Ulla fundamentalmente, pero tamén do Umia e Sar”, da “falla de control na expulsión dos sedimentos que se almacenan no encoro de Portodemouros ou dos continuados vertidos industriais contra os que tampouco se actúa”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...