O alumnado do IES da Cachada coñece as especies invasoras que causan máis problemática na nosa contorna

31 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro vén de informar de novas actividades de divulgación ambiental no seu territorio, desta volta poñendo o foco na problemática das especies exóticas invasoras e no risco de extinción no que se atopan outras autóctonas, en parte polo avance das foráneas. Nesta ocasión as actividades (desenvolvidas a través do departamento de Medio Ambiente) leváronse a cabo no IES da Cachada, coa participación do alumnado do Club de Ciencia do centro de secundaria.

Entre os obxectivos desta xornada estaban os “de identificar as especies exóticas invasoras máis problemáticas e dar a coñecer os danos que causan as especies exóticas invasoras na nosa contorna, como son problemas ecolóxico, económicos e de saúde”.

Tamén son obxectivos desta actividade “promover as boas prácticas para evitar a propagación destas especies; dar a coñecer aquelas especies no termo municipal que teñen certo grao de protección ao encontrarse ameazadas ou en perigo de extinción; comprender a importancia da conservación destas especies ameazadas así como entender o concepto de ecosistema”.

O Concello de Boiro, a través do departamento de Medio Ambiente leva a cabo actividades de divulgación en materia medioambiental para dar a coñecer, entre os escolares, as características do noso medio natural e tamén para a sensibilización e inculcarlles o respecto pola natureza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...