O 6 de febreiro chega á Pobra a multipremiada longametraxe Ons, de Alfonso Zarauza

31 Xaneiro 2022

Ao abeiro da axenda cultural configurada para os primeiros meses deste 2022, o teatro cine Elma acollerá a proxección da longametraxe Ons, un dos grandes éxitos do cinema galego en 2020 (foi a segunda película máis vista nas salas galegas) e multipremiada nos Mestre Mateo do pasado ano con até novo galardóns, incluído o de mellor película. A proxección da Pobra será o día 6 de febreiro, ás 19.00 horas.

O filme está dirixido por Alfonso Zarauza e conta cun reparto composto por Melania Cruz, Antonio Durán, Xulio Abonjo, Anaël Snoek e Marta Lado. A sinopse expón que dúas das personaxes, Vicente e Mariña, chegan para pasar o verán na illa de Ons: el vén dun accidente e as súas consecuencias psicolóxicas, e a viaxe será un bálsamo para o seu matrimonio. A estancia prolóngase a petición del, e a medida que os días se tornan borrascosos, os segredos gardados comezan a aflorar.

A entrada é de balde e as persoas que desexen asistir deberán efectuar a súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou no teléfono de contacto 981831545.

Ao igual que as demais propostas que conforman a programación, está destinada a maiores de 14 anos. Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...