O Servizo de Deportes de Rianxo confirmou que despois da pausa do 2020 por mor da COVID vanse recuperar esta tempada a Marcha BTT e a Andaina Concello de Rianxo, que se celebrarán o 13 de febreiro, con organización da Peña Cicloturista Castro Barbudo e o devandito departamento municipal de Deportes.
A marcha BTT
O domingo 13 de febreiro vaise celebrar a IX Marcha BTT Concello de Rianxo, con saída e chegada no porto da vila e cun itinerario que percorrerá os camiños e montes locais, entrando tamén nos municipios veciños de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media – 50 km) e (longa – 72 km).

V Andaina
De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase a V Andaina Concello de Rianxo, de 19 quilómetros de distancia.

Información básica sobre un evento deportivo por partida dupla
Domingo, 13 de febreiro de 2022
Hora: 9 a 15 h.
Saída e chegada: porto de Rianxo
Modalidade: evento deportivo non federado
Categoría: maiores 18 anos (14 a 17 anos con autorización)
Programa:
8:00 h. Recollida de dorsais
9:00 h. Saída das marchas do Porto de Rianxo
11:00 h. 1º Corte – Ruta CURTA 32 km.
11:45 h. 2º Corte – Ruta MEDIA 50 km.
15:00 h. Hora estimada da chegada dos últimos participantes.
Instrucións para inscrición e prazos
Formalizar a inscrición a través de emesports.es e realizar o pagamento:
Inscrición Marcha BTT
Inscrición Andaina
Cota:
10 € ata o 29 de xaneiro.
15 € a partir do 30 de xaneiro e ata peche de inscricións.
Peche de inscricións: mércores 9 de febreiro ás 22 h.
Documentación a entregar o día da proba
Oficina organización aberta a partir das 8 h. na lonxa vella (porto de Rianxo) para retirada de dorsais e entrega de documentación:
-Declaración responsábel.
-Certificado de vacinación con pauta completa ou, no caso de non estar vacinado, test antíxenos/PCR negativo que deberán realizar entre as 72 e 24 horas previas a celebración do evento.
-Autorización, no caso dos menores de idade.
É obrigatorio realizar o autotest antes de acudir ao lugar de celebración da proba e seguir as instrucións en caso de resposta positiva.
Máis información
castrobarbudo@gmail.com
deportes@concelloderianxo.gal
Servizo de Deportes – Rianxo 981 86 63 81