Novas visitas guiadas ao Pórtico da Gloria, ao Museo e ao Palacio da Catedral de Santiago a partir deste venres 7 de xaneiro

05 Xaneiro 2022


O vindeiro venres, 7 de xaneiro, comeza unha nova modalidade de visitas ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela que inclúe un percorrido guiado, cun guía profesional, ao Pórtico tras percorrer as diferentes salas e espazos do Museo e do Palacio de Gelmírez que alberga o Espazo Mestre Mateo.

Estas visitas, que se suman ás xa dispoñibles anteriormente, están ideadas “para engadir valor á experiencia de acceder ao espazo do Pórtico da Gloria, de maneira que se poida profundar no significado histórico e artístico deste monumento, así como a todoel proxecto do Mestre Mateo na catedral compostelá”.

Esta nova modalidade de visitas organízase os venres, sábados e domingos, en diferentes horarios, e cunha duración de noventa minutos, en grupos de entre 20 e 30 persoas. As reservas poden realizarse na web da Catedral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.