Habilitado no Mercado da Pedra un punto de venda do material promocional do Camiño A Orixe

24 Xaneiro 2022

O material promocional (merchandising) do Camiño de Santiago A Orixe (deseñado polo sobranceiro artista da nosa comarca Manuel Ayaso, quen vén de ser nomeado Fillo Predilecto de Ribeira, e confeccionado polo negocio local Laguerzza), vén de abrir o seu primeiro punto de venta fóra da contorna do Barbanza. Concretamente, fíxoo no Mercado da Pedra en Vigo.

Así, alí pódense mercar distintos elementos coas imaxes identificativas da ruta xacobea que arranca no Faro de Corrubedo, tales como suadoiros, bolsos, cuncas ou camisetas.

Deste xeito, proséguense os labores de promoción dun camiño que na semana pasada recalou en FITUR da man da Mancomunidade Barbanza Arousa.

A previsión é abrir máis puntos de venta noutros puntos da xeografía galega nos próximos meses: un obxectivo no que existen xa varias propostas que se están a avaliar.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.