Falece un home dun caída nunha zona de difícil acceso do monte Pindo, en Carnota

29 Xaneiro 2022

Dúas aeronaves foron derivadas ao punto, unha co seu equipo médico e outra do Servizo de GardaCostas de Galicia, para rescatar ao varón.  

Unha persoa particular, que se identificou como familiar foi quen ao fío da unha deste mediodía, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que o home caera tras sufrir unha indisposición e que levara un golpe, mentres baixaban dende o Monte Pindo cando se dirixían cara a aldea do Pindo, nunha zona de difícil acceso para os vehículos, en Carnota.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago co seu equipo médico. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Cee, os membros do GES de Muros, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Pese aos intentos, nada máis localizar á persoa, os servizos de emerxencias alí desprazados, así como o equipo médico do helicóptero medicalizado que tomou terra nunha zona moi próxima, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Con todo, debido á zona onde se atopaba o falecido, foi precisa a intervención do helicóptero Pesca 1 do Servizo de GardaCostas de Galicia para facer o rescate do varón.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.