“Fálame do mar, mariñeiro”. Antón Luaces

17 Xaneiro 2022

Con un poema de Rafael Alberti e música de Manuel Alejandro  e Ana Magdalena, Pepa Flores (Marisol) ergueu no vento un dos máis importantes monumentos adicados aos mariñeiros en España. Eu mesmo – e perdón pola autocita – cando dirixía e presentaba o programa “Españoles en la Mar” de Radio Exterior de España, cunha audiencia de 83 millóns de persoas en todo o mundo, usei (non abusei) a canción de Pepa Flores, gravada en 1976, para reforzar os contidos dese programa debido a que a letra da mesma significaba -e significa- en sí mesma a máis grande homenaxe a aqueles que do mar e no mar escriben a historia diaria do ser ou non ser de cada un deles mentres en terra as ventás están pechas porque desde elas o mar non se ve..

“Din que hai touros azuis na primavera do mar”. “Fálame do mar, mariñeiro”.  “Dende a miña ventá o mar non se ve”. “Din que o barco navega namorado do mar”. “Buscando sereas vai, buscando sereas novas que lle canten ao pasar”. “Fálame do mar, mariñeiro, fálame do mar, fálame”.

E ese mar de todos esmorece pola contaminación. Especialmente pola do plástico, un dos materiais máis contamiñantes que existen e que orixina un problema case que irresoluble debido a que é un material moi difícil de degradar, motivo polo que na maioría dos casos remata no océano.

Segundo todas as informacións, perto de 8.000 millóns de quilogramos de plástico chegan cada ano aos distintos océanos do mundo, o que constitúe, obviamente,  un grave problema medioambiental.

Un vídeo da NASA permite coñecer o que significa ver aboiando no mar esta inmensa cantidade de lixo e o comportamento que este ten. Trátase da primeira pescuda deste tipo que percura mapear plásticos a unha escala global e nun determinado período. Deste xeito, a animación amosa concentracións de plàstico que se moven nos océanos do planeta durante un lapso de 18 meses, nomeadamente en que rexións se acumulan as concentracións de lixo plástico e de por que motivos resulta tan pouco doado erradicar.

Baseouse a NASA, segundo informa Felipe Sasso,  nun novo modelo de seguemento e mapeo do traxecto que polos mares do mundo realiza o plástico desenvolvido por investigadores da Universidade de Michigan. Na investigación sinálase que “en augas máis limpas hai un alto grao de acordo entre a rugosidade oceánica e a velocidade do vento” máis “a medida que se dirixe ao gran parche de lixo do Pacífico, pode verse unha maior discrepancia entre as medicións da velocidade do vento e a rugosidade da superficie”.

Os científicos detetaron, entre outros elementos interesantes, a forma en que as concentracións de lixo nalgunhas rexións do Pacífico aumentan  en verán e diminúen en inverno. Este mapeo inédito pode e debe axudar ás autoridades a cavilar en formas máis prácticas e eficaces para limpoar o llixo pl´`astico que cointamina os océanois

Outros artigos

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

+

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

+

“En defensa de las propias ideas” – José Antonio Constenla

Expresar una opinión disonante con la idea que mueve a la mayor parte de la sociedad resulta cada vez más complicado, especialmente desde que las redes sociales han entrado en el terreno de juego de la política. En el contexto democrático, la libertad de expresión es,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un Papa empático para el mundo”. José Castro López

“Un Papa empático para el mundo”. José Castro López

En medio de la crisis de religiosidad y del proceso de secularización del mundo, elCónclave, que encerró a los cardenales en la Capilla Sixtina para elegir al SumoPóntifice, captó la atención global como ningún otro acontecimiento mundial. Más alládel interés de los...

“Voces femininas para unha Galicia nai” – Antón Luaces

“Voces femininas para unha Galicia nai” – Antón Luaces

A Real Academia Galega tributará o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha moi demorada homenaxe ou recoñecemento ás mulleres que, durante séculos, "mantiveron vivo, transmitiron e arriqueceron o cancioneiro popular e o idioma do país",  en palabras da...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.