En Boiro o Concello habilita un bus para facilitar o acceso a unha representación de danza

04 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro, mediante a área de Cultura, habilitou un autobús para asistir á representación O lago dos cisnes de Tchaikovsky producida por Royal Russian Ballet. O obxectivo desta actividade é “colaborar coas entidades culturais do municipio para facilitar e promover o acceso a espectáculos de danza profesionais”, en palabras do Concello.

A representación é o xoves 20 de xaneiro ás 20.30 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e a entrada corre a cargo das persoas interesadas.

O Concello de Boiro habilita o autobús, que será totalmente gratuíto para todas aquelas persoas que queiran asistir, sairá ás 19.00 horas da parada da Cachada e regresará unha vez remate a función.

O prazo de inscrición para as prazas do autobús está aberto dende este martes día 4 de xaneiro e ata o vindeiro martes día 11. As inscricións deben facerse cubrindo o formulario web dispoñíbel en www.boiro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.