Comezaron os traballos para construír unha rotonda na contorna do Faro de Corrubedo

27 Xaneiro 2022

A contorna do Faro de Corrubedo acolle dende esta semana os traballos dirixidos á habilitación dunha rotonda. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Infraestruturas, destinada a “mellorar o regulamento do tráfico” e “facer posíbel o cambio de sentido en condicións seguras”. A infraestrutura é o paso previo á formalización do traspaso ao Concello de Ribeira da estrada AC-303 entre o devandito punto e Laxe da Gata no acceso a esta parroquia.

A nova infraestrutura, situada no punto quilométrico 8+140, sitúase desprazada á parte esquerda da vía tal e como se aprecia no plano inferior e ten un radio de once metros. Está previsto que ao seu carón sexa acondicionada unha parcela para prazas de estacionamento.

Ademais, o Concello lembra que o seu Plan de Turismo Sustentábel 2022-2022 consigna unha partida de 100.000 euros de fondos Next Generation para a humanización dos espazos exteriores do Faro de Corrubedo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.