Comezaron en Outes as obras para humanizar a avenida de San Campio

11 Xaneiro 2022

Co inicio desta semana, este luns 10 de xaneiro, deron comezo en Outes as obras destinadas a humanizar e mellorar a seguridade e a accesibilidade na céntrica avenida de San Campio, uns traballos que veñen da man da Deputación e da Coruña e do Concello.

Dende o Consistorio lembran que as tarefas estenderanse durante as vindeiras semanas e que por motivo de facilitar o desenvolvemento das mesas prégase non estacionar na avenida, concretamente na marxe esquerda en dirección a San Ourente, entre a Casa da Cultura e o muíño e lavadoiro.

Un proxecto que mellorou a proposta inicial

A Deputación da Coruña adxudicou en setembro, por 348.649 euros, as obras destinadas a humanizar e mellorar a seguridade viaria da avenida de San Campio, na Serra de Outes, que, segundo lembraba daquela a entidade provincial, “foron paralizadas hai uns anos debido ao incumprimento do proxecto por parte do contratista”. Isto, engadiu a institución poñendo o foco no tempo transcorrido e nas consecuencias desta circunstancia, fixo preciso redactar un novo proxecto técnico, aprobado a finais de 2020 e con diversas melloras con respecto ao proxecto orixinal, acordadas polo departamento de Vías e Obras da Deputación e o Concello de Outes.

As obras, explicaron dende a Deputación, contribuirán a mellorar a seguridade peonil na zona mediante a construción de beirarrúas e a dotación dunha nova capa de rodaxe no tramo da DP 5604 que discorre entre o inicio da estrada e o PQ 0+340.

O proxecto inclúe asemade a renovación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga, recollida de pluviais, e canalización do alumeado, así como a reposición da sinalización horizontal e vertical. Estas novas redes de servizos localizaranse baixo as beirarrúas no caso do saneamento, abastecemento e alumeado e baixo as zonas de aparcamento no caso da rede de pluviais.

O pavimento das beirarrúas estará formado por lousa hidráulica sobre base de formigón e saburra (zahorra) artificial. En canto ao pavimento da estrada executarase con mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor, previo fresado e reparación do firme nas zonas onde se atope máis deteriorado. As obras comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de seis meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.