A Deputación adxudica por 348.649 euros as obras que rematarán a humanización da avenida de San Campio, en Outes

03 Setembro 2021

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 348.649 euros as obras destinadas a humanizar e mellorar a seguridade viaria da avenida de San Campio, na Serra de Outes, que, segundo lembra a entidade provincial, “foron paralizadas hai uns anos debido ao incumprimento do proxecto por parte do contratista”. Isto, engade a institución poñendo o foco no tempo transcorrido e nas consecuencias desta circunstancia, fixo preciso redactar un novo proxecto técnico.

Este proxecto técnico foi aprobado a finais de 2020 e nel aproveitouse para incluír melloras con respecto ao proxecto orixinal, acordadas polo departamento de Vías e Obras da Deputación e o Concello de Outes.

As obras, explican dende a Deputación, contribuirán a mellorar a seguridade peonil na zona mediante a construción de beirarrúas e a dotación dunha nova capa de rodaxe no tramo da DP 5604 que discorre entre o inicio da estrada e o PQ 0+340.

O deputado responsábel da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, laiouse do importante adiamento que experimentou esta obra “debido á súa paralización por incumprimento do anterior contratista”,pero explicou que esta nova adxudicación “dá luz verde de forma definitiva a un proxecto que vai a supor unha importante mellora da seguridade, especialmente para veciños que se desprazan a pé, e tamén vai a mellorar a estética desta travesía principal da Serra de Outes”.

O proxecto inclúe asemade a renovación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga, recollida de pluviais, e canalización do alumeado, así como a reposición da sinalización horizontal e vertical. Estas novas redes de servizos localizaranse baixo as beirarrúas no caso do saneamento, abastecemento e alumeado e baixo as zonas de aparcamento no caso da rede de pluviais.

O pavimento das beirarrúas estará formado por lousa hidraúlica sobre base de formigón e saburra (zahorra) artificial. En canto ao pavimento da estrada executarase con mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor, previo fresado e reparación do firme nas zonas onde se atope máis deteriorado. As obras comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de seis meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

A la vista de los hechos pudiéramos pensar que poner en la misma comitiva, al rey junto a los presidentes pudiera ser un error. Sabiendo de antemano, que un pueblo que ha perdido más de 200 vidas, sin hogar, abandonado de la mano de dios, no serían recibidos en loor...