Boiro acolle o curso de defensa persoal feminina da Deputación

10 Xaneiro 2022

O concello de Boiro acolle o seminario intensivo de defensa persoal feminina que organiza a Deputación da Coruña e que se vai celebrar o 12 de febreiro de 2022 en horario de 10.00 a 14.00 horas. As inscricións poden facerse xa a través do enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono de contacto 981 84 48 00 ext. 1285.

O seminario está destinado a mulleres con idades comprendidas entre os 14 e os 70 anos empadroadas en calquera dos municipios da provincia. O número mínimo de inscricións requiridas para que se celebre a actividade é de 20. En Boiro o curso vaise levar a cabo no pavillón de Barraña, o sábado 12 de febreiro en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O Concello de Boiro participa nesta iniciativa da Deputación da Coruña, que organiza oito edicións deste seminario “no que as mulleres poderán ensaiar técnicas e estratexias para defenderse ante un intento de agresión, rompendo os mecanismos que bloquean e imposibilitan a reacción de resposta”, sinalou a entidade provincial, engadindo que o programa contará cunha presentación para explicar a dinámica da formación e establecer os grupos de traballo, seguida dunha segunda parte para o quecemento e a práctica de técnicas sobre como situarse, afianzarse, saber caer e saber levantarse, como manexarse no chan, moverse e desprazarse e manter a distancia.

Seguirán aos ditos contidos unha terceira parte de técnicas de autodefensa e unha cuarta de protocolo de actuación no ámbito da defensa persoal como distraer, sorprender, rexeitar, pedir axuda…

Outros artigos

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.