Aprazado o Boiro-Fisterra por mor da Covid-19

08 Xaneiro 2022

O CD Boiro vén de emitir un comunicado nas súas redes sociais no que informa doaprazamento do encontro que os enfrontaba co Fisterra, correspondente á xornada 13 do campionato ligueiro.

O motivo é a incidencia da pandemia tanto no Concello como no equipo, xa que contan con varios positivos rexistrados nos últimos días. A Federación Galega de Fútbol confirmou a decisión e anunciou que o partido deberá xogarse nunha data por concretar entre ambos conxuntos.
Doutra banda o partido entre o Sigüeiro e o Puebla si se xogará, e terá lugar finalmente hoxe sábado a partir das 16:30 horas no Lino Balado. Un encontro clave para os de Jesús Mella, que de vencer, meteríanse de cheo na loita polos postos de promoción de ascenso.

Outros artigos

María Sampedro entrega as axudas aos deportistas individuais

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañada polo concelleiro de Deportes, Álex Vidal, entregou na tarde deste luns 2 de febreiro as axudas aos deportistas individuais correspondentes ao ano 2025. O acto institucional, que tivo lugar no antigo auditorio,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.