“Acordo parlamentario para que a Xunta medio no conflito da mexilla” – Antón Luaces

26 Xaneiro 2022

Após anos de desencontros entre os bateeiros e os percebeiros pola mexilla, o Parlamento de Galicia ven de dar a súa aprobación por unanimidade a unha moción defendida pola portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez, que instaba ao Goberno galegp a mediar no conflito entre ambas as partes e regular a extracción da mexilla “sen prexudicar a ningún dos dous colectivos”: bateeiros e percebeiros.

Rosana Pérez insistiu na urxencia de retomar as reunións do Grupo de Traballo constituído entre a Administración e os sectores citados, “sen imposicións de ningún tipo, ata acordar unha normativa que regule a actividade de extracción da mexilla que asegure os intereses de ambos sectores”, ao que sumou realizar os investimentos necesarios en investigación e tecnoloxías que permitan poñer en práctica todas aquelas medidas alternativas que leven progresivamente ao autoabastecemento da semente”.

Avogou tamén a deputada nacionalista por poñer en marcha medidas que eviten “calquera posible enfrontamento entre os colectivos” e potenciar a actividade nas rías e no mar “que dan vida ás localidades das nosas costas”.
No último pleno, antes de Nadal, xa se debatera no Parlamento galego esta mesma cuestión. Daquela o BNG pedira á conselleira do Mar que exercera as súas competencias exclusivas na extracción de semente de mexillón en bancos naturais e evitar os conflitos como os que se deran na campaña 2019-2020, repetidos na de 2020-2021. Pero a conselleira, dixo Rosana Pérez, “non respostou nin aportou ningunha solución”.

Talvez agora, dada a unanimidade acadada na Cámara galega, poda facerse realidade a normativa 26.10.2000 que regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais e quen pode recoller a mesma: os propios concesionarios ou por acordo subscrito coas confrarías ou agrupacións de mariscadores.

A orde establece as zonas de extracción no litoral das provincias da Coruña, Pontevedra e as Illas Atlánticas, período de extracción do 1 de decembro ao 30 de abril e cunha cantidade máxima de 3.500 quilos de semente por batea en cada período.

No caso da extracción de semente acordado coas confrarías, estas subministrarán a semente de mexillón extraída das rochas do litoral incluído en zonas de autorización ou plans de explotación aprobados, pero esta obriga foi, en boa medida, a xustificación para moitos dos enfrontamentos rexistrados entre os dous colectivos e un certo desleixo ou deixarse ir por parte da administración.

Durante case 20 anos esa lexislación foi respectada, con altibaixos. Pero un decreto recente, que non regula especificamente a extracción da mexilla -sí o fai coa conservación e explotación dos recursos marisqueiros (entre eles o percebe)- establece que os plans de xestión do percebe poderán reservar zonas para extraer semente de mexillón.

O 29 de novembro, a Consellería do Mar presentou á Mesa do Mexillón unha Resolución unilateral que establece unha zonificación que inzou un grande malestar entre os bateeiros, tanto polo fondo como polas formas, que derivou en meses que foron pasando sen acordos de ningún tipo.

Agora cabe a posibilidade de que as partes en conflito podan dialogar, negociar e, como sinala o BNG, o Grupo de Traballo, conformado pola administración e os dous sectores, retomen e non cesen as reunións “ata acordar unha normativa que regule a actividade de extracción da mexilla que poda asegurar os intereses de ambas as partes”.
No se pode desbotar a posibilidade de que, por medio das investigacións necesarias, se chegue a alternativas viábeis -a extracción da mexilla fóra do medio natural. Neste senso, o BNG propón que se analicen esas alternativas “e se tomen en serio evitar os problemas que agora temos en fase aguda”.

Teoricamente, o acordo acadado no Parlamento de Galicia, abre a porta ao establecemento de medidas concordantes para rematar esa xa longo conflito entre bateeiros e percebeiros. É hora.

Outros artigos

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...

+

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...