A industria agroalimentaria segue a ser o gran puntal económico e exportador do Barbanza

18 Xaneiro 2022

A Deputación da Coruña e o Club Financeiro de Santiago presentaron este luns 17 de xaneiro o Informe de Coxuntura Económica (ICE), unha radiografía da realidade económica da provincia da Coruña, tanto a nivel comarcal como municipal. O documento arroxa os datos económicos das dezaoito comarcas con incidencia: Arzúa, Barbanza, A Barcala, Bergantiños, Betanzos, A Coruña, Eume, Ferrol, Fisterra, Muros, Noia, Ordes, Ortegal, Santiago, O Sar, Melide, Terras de Soneira e Xallas. No caso da nosa comarca, a investigación pon o foco no importante papel xogado estes anos pola industria agroalimentaria, que representa máis do 80 % do total industrial da bisbarra.

O arquivo, editado polo Club Financeiro de Santiago e subvencionado polo ente provincial, foi presentado na sede da Deputación polo presidente do Club, Roberto Pereira, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo. O informe permite coñecer en detalle os datos do territorio e recursos naturais, poboación, mercado de traballo, estrutura produtiva e sector público.

A nivel xenérico, un dos datos máis destacados do informe é a constatación dun notábel medre no volume de exportacións da provincia, que subiron unha media anual do 2,6% na última década. En concreto, pasaron dos 6.022 millóns de euros en 2010 aos 7.818 millóns de 2020. No estudo tamén se reflicte que o impacto da crise provocada polo coronavirus sobre as vendas exteriores da provincia fixo que o peso das vendas de Galicia baixase.

O groso do comercio exterior da Coruña diríxese cara a países da Unión Europea (57,9 %), destacando Francia (14,6 %), Portugal (11,8 %), Polonia (9,3 %) e Reino Unido (7,8 %). As relacións comerciais co continente americano só supoñen o 5,1 % das exportacións actuais, sendo os destinos máis importantes EEUU (2,4 %) e Brasil (0,6 %).

A Coruña presenta unha elevada concentración das súas exportacións no sector téxtil, como consecuencia do peso da multinacional Inditex. En 2019 a confección de roupa de vestir supoñía o 47,3 % das vendas ao exterior da provincia. En 2020, e como consecuencia da crise económica causada pola pandemia, diminuíu ata o 44,7 %.

Datos económicos

Respecto do Produto Interior Bruto por habitante, os valores máis altos localízanse nas comarcas de Eume con 34.000 euros por habitante, A Coruña con 30.000 e Santiago con 27.000. No lado contrario, Muros sitúase na peor posición con apenas 13.000 euros por habitante.

Por sectores, na provincia da Coruña o sector servizos supera o 70 % do VAB total. A industria supón o 17,3 %, a construción o 7,4 % e o sector primario o 4 %. En canto ao sector industrial por comarcas, na Coruña destaca a metalurxia (27,8 %), a industria agroalimentaria (23,6 %) e o resto da industria (24,5 %). En Santiago prima a rama da madeira, papel e móbeis que, cun 25,8 %, representa un maior peso na súa industria, seguida da metalurxia (21,6 %). En Ferrol e en Eume despunta a rama da enerxía que supón o 31,4 % e o 86,3 % do VAB industrial, respectivamente. En Barbanza sobresae a industria agroalimentaria que supón máis do 80 % do total industrial da comarca.

Poboación: só medran Santiago e A Coruña

O capítulo da poboación comeza constatando que a densidade de poboación da provincia coruñesa é bastante superior á media de Galicia, de 141,3 hab/km2 fronte aos 91,4 hab/km2. A comarca da Coruña sobresae porque se sitúa en 859 hab/km2. Esta cifra cuadriplica a densidade das seguintes zonas máis habitadas: Barbanza (266), Santiago (248) e Ferrol (244). Pola contra, as comarcas de Ortegal, Arzúa, Terras de Melide e Xallas quedan por baixo dos 40 habitantes por quilómetro cadrado. Ademais, a dinámica de presión poboacional modificouse nos últimos anos concentrándose nas comarcas de Santiago e A Coruña. En 2020, son as únicas onde se incrementou a densidade de poboación.

A provincia da Coruña concentra ao 41,5 % da poboación galega. Por comarcas, A Coruña acumula a maior porcentaxe (36,3 %), seguida de Santiago (15,1 %) e Ferrol (13,5 %).

Betanzos, a comarca con maior débeda por habitante

Sobre o gasto público dos municipios constátase “unha forte contracción dos recursos administrados polas facendas locais ata o ano 2012 e unha lixeira recuperación nos últimos anos”.

Polo que respecta ao endebedamento municipal destaca a súa importante redución entre os anos 2010 e 2017. Aínda que, evidéncianse fortes diferenzas entre municipios, sobresae a comarca de Betanzos con 371 euros por habitante, Barbanza (143), Orde (130) e A Coruña (123). No lado oposto e sen débeda pública atópanse as comarcas de Arzúa, Fisterra, Ortegal e Xallas.

Outros artigos

O PSdeG de Ribeira acusa ao PP de atrasar a residencia de maiores

O PSdeG de Ribeira cargou contra o novo anuncio da futura residencia de maiores e asegurou que non supón “ningunha solución real”, senón un novo atraso que pode prolongar durante anos a chegada dun servizo considerado esencial para o municipio. Os socialistas critican...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.