A formación, a integración de inmigrantes e os recursos para minimizar nas familias os efectos da COVID marcaron a actividade de Cáritas Ribeira en 2021

03 Xaneiro 2022

Cáritas Parroquial de Ribeira rematou o ano facendo un balance das principais actividades solidarias e humanitarias que impulsou a entidade ou nas que colaborou. O traballo realizado incluíu formación, atención a inmigrantes e familias vulnerábeis, encontros de fraternidade entre culturas, andainas solidarias e mesmo accións directamente encamiñadas a minimizar as consecuencias (sociais, sanitarias, económicas) da COVID-19.

Esta é a relación das principais liñas de traballo desenvolvidas por Cáritas Parroquial de Ribeira neste ano que vimos de despedir:

-Atención primaria: Atención personalizada, acollida, análise individualizada, revisión expedientes e situacións concretas das familias, información de axudas, acompañamento e privacidade. Derivación a outros servizos especializados.

-Proxecto Xanela (Inserción socio-laboral, formación, loita contra a cronificación da pobreza.

-Clases de alfabetización e español para inmigrantes.

-Traballo e programas para inmigrantes con metodoloxía semellante ao proxecto Xanela, integración, inserción laboral, formación e protección social.

-Encontro multicultural no Parque Periurbano San Roque en colaboración con Concello, Servizos Sociais, ICE Renovación, Comunidade Islámica, Obradoiro Municipal de Cociña. Dinamización do parque, coidado, educación na protección medio-ambiental, adopción dunha parcela para o seu coidado.

-Andaina Solidaria CONGALSA 2021.

-Formación interna do voluntariado.

-Cursos de formación: dependente de comercio (temario axustado a certificado de profesionalidade en actividades auxiliares de comercio con carné de manipulación de alimentos e alérxenos, prácticas hixiénicas e de seguridade no posto de traballo relativas á COVID-19.

-Curso de cociña e repostaría impartida por voluntarios de Cáritas.

-Traballo en Rede con Cruz Vermella, Servizos Sociais, ICE Renovación, Dignidade Ribeira, Asociación de Empresarios de Ribeira.

-Formación, roupeiro, atención primaria, banco de alimentos, limpeza, urxencias, prensa e relacións institucionais, relacións externas e terceira idade. Mantemento e uso furgoneta de Cáritas, voluntarios condutores da mesma, (traslado de móbeis a familias, recollida de alimentos en bancos de alimentos, supermercados, mercadiños solidarios, puntos de información, etc).

-Traballo en rede: Servizos Sociais, Cruz Vermella e ICE Renovación.

-Colaboracións: particulares, prensa, empresas (formación, alimentación, pesca, conserveiras, conxelados, supermercados, farmacéuticas), comercio local, institucións, Concello (alcaldía, concellerías), Centro de Saúde de Ribeira, Hospital de Barbanza, asociacións, colexios, clubs deportivos, ximnasios, equipos de fútbol…

-Humanización da atención alimentaria axudando a evitar colas e esperas e a dignificar o acceso aos alimentos con accións como citas previas, ampliación no seu caso das horas de atención e a entrega de cartóns moedeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.